O Ateneo Atlántico de Vigo organiza ‘O Laicismo: de Marianne ás torres xemelgas’

Publicado por o día 26/11/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Ateneo Atlántico de Vigo organiza ‘O Laicismo: de Marianne ás torres xemelgas’
O Ateneo Atlántico de Vigo inaugura este xoves 28 de novembro un novo ciclo de charlas para a reflexión que, neste caso, xirarán arredor do tema xenérico do Laicismo.
O artigo 16 da Constitución española determina de xeito categórico que “ningunha confesión terá carácter estatal”. Desde 1978, a aconfesionalidade do estado español está a ser formulado e interpretada de moi diversas maneiras, moitas de delas, a maioría, moi lonxe da tradición laicista. Nesta tesitura, e nuns momentos especialmente axitados para a política española, pareceunos interesante aportar unha revisión histórica e facer unha analise das situacións problemáticas que aparecen na vida social arredor do laicismo.
Nunha primeira sesión, que titulamos ‘O Laicismo: de Marianne ás torres xemelgas‘, Antonio Gómez Movellán, cofundador e actual presidente de Europa Laica, vai centrar o tema falándonos sobre o significado histórico de ‘laicismo’ e de como debemos entenderlo desde unha perspectiva actual; disertará sobre o secularismo como principio inseparable dunha democracia e como parte do discurso emancipador do ideario republicano; por último entrará nunha análise dos retos máis actuais que ten o laicismo no noso país.
Nunha segunda sesión, xa para xaneiro de 2020Francisco Delgado Ruíz centrará a súa reflexión nas relación entre o laicismo e a educación para chegar a definir importancia vital dunha escola laica.
Lembramos que a primeira sesión terá lugar o xoves 28 de novembro, ás 19.30 horas, no salón de actos da ONCE (Gran Vía 16, Vigo).
  • Antonio Gómez Movellán, é licenciado en Historia. Foi fundador e actualmente preside a asociación Europa laica. Traballou como conselleiro na Dirección de Asuntos Relixiosos do Ministerio de Xustiza. Publicou libros e multitude de artigos sobre laicismo, secularismo e dereitos fundamentais das persoas, como “La iglesia católica y otras religiones” (Ed. VOSA, 1999) ou obras colectivas como “El pluralismo religioso en España” (Fundación Ferrer i Guardia, 2000) e “Aprendiendo sin dogmas” (Mil razóns, 2011). Actualmente publica artigos regularmente no xornal Público, na revista Viento Sur, en Diario 16 e Rebellión.

Comentar noticia

Your email address will not be published.