O Ateneo Atlántico de Vigo organiza un ciclo de filosofía

Publicado por o día 03/03/2020 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

O Ateneo Atlántico de Vigo organiza un ciclo de filosofía

O Ateneo Atlántico, en colaboración co Seminario de Filosofía, organiza, ao longo do mes de marzo de 2020, un ciclo sobre Filosofía e Psicanálise.

O ciclo leva por título xenérico Voces da Filosofía e a Psicanálise (Heidegger, Felicidade, Democracia, Compañía), e artéllase coma homenaxe a Alberto Mariño.

As charlas terán lugar na Aula D (rúa Elduayen 36) os días 5, 13, 17 e 26 de marzo, e comezarán ás 19 horas.

Filosofía e psicanálise son campos irmandados desde o momento en que esta quere afondar nas estruturas psíquicas do suxeito e aínda iluminar canto de ilusorio hai nesta categoría e todo o construído desde ela.

Programa

O catedrático de filosofía da Universidade de Vigo, Arturo Leyte, é un referente recoñecido moi especialmente nos estudos sobre Schelling e Heidegger, de quen ademais é un afamado tradutor. De ninguén mellor que da súa man, para adentarnos nun discurso clave para pensar a nosa época, para calar niso que se chama modernidade e que se quixo vinculada á luz da Razón fronte ás escuridades do Mito. Canto de potencial crítico se agarde nun pensamento que pode adquirir un corte anti ilustrado poderá revelársenos a través da claridade e capacidade de transmisión de que sempre fai gala o noso invitado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.