Como terceiro acto da homenaxe que o Ateneo Atlántico está a dedicar a María Xosé Queizán como celebración do seu 80 aniversario, o vindeiro martes 16 de novembro, ás 19.30 horas, poderemos asistir ao acto A festa da palabra silenciada, no que Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar, presentadas por Ana Gandón, falarán da revista Festa da Palabra, mítica dentro do movemento feminista en Galicia.
A revista foi fundada en 1983 por Feministas Independentes Galegas co nome de A festa da palabra silenciada para sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes naquel momento; así, o obxectivo fundacional era promover o pensamento e a crítica feminista nos ámbitos políticos, artísticos e científicos, así como visibilizar a creación feminina, focalizando o seu análise na literatura e nas artes audiovisuais. Daquela, e partir xa do segundo número, María Xosé Queizán foi a coordinada de edición. En 1989, e unha vez acadados parcialmente os seus obxectivos fundacionais, desparece da cabeceira o calificativo de silenciada, pasando a ser Festa da palabra. A partir do número 14, María Xosé Queizán pasa a ser a directora.
Disque esta participación de María Xosé Queizán na Festa da Palabra, e á marxe de toda a súa produción literaria e ensaística, é suficiente en si mesma para a súa entrada pola porta máis grande na Historia da cultura galega.
En actos anteriores puidemos escoitar á propia María Xosé Queizán a falar sobre Mary Shelley e o seu Frankenstein ou conversando con Inma López Silva sobre o transcorrer da vida e a memoria; tamén organizamos a análise da vertente feminista de no acto María Xosé Queizán, feminista destemida.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.