O Ateneo Atlántico presentará o libro “Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza”

ste martes día 21, ás 19:30h no Salon de Actos da escola de deseño Aula_DPepe Barro, profesional con máis de corenta anos de exercicio, falará, a traves de diversas historias contidas no seu último libro “Máis que ver“, do deseño gráfico como reflexo da cultura dun país.
Nestas “cen historias do deseño na Galiza” se fai unha xenealoxía das nosas imaxes iconográficas, un percorrido polo deseño propio da vida galega: dende a cruz de Santiago, pasando pola bandeira e o escudo de Galicia, ata as tipografía decorativas de Sargadelos ou o tríscele que serviu de logo a Zeltia. Esto dará pé para que en conversa co crítico de Arte Carlos Bernárdez, coñezamos mellor os nosos códigos propios da comunicación visual.
Entrada libre ata completar aforo.
  • Pepe Barro, nado en Pontedeume, é un dos deseñadores máis salientables da nosa terra. Responsable de imaxes tan icónicas como as de Turgalicia, a editorial Xerais, a camiseta da selección galega de futbol ou as caixas de ovos de Pazo de Vilane. Conta co Premio da Crítica Galega, o Premio Xerais á cooperación editorial ou o AEPD do ano 2004.
Máis que ver. Cen Historias do deseño na Galiza
Con Pepe Barro e Carlos Bernárdez
Salón de Actos de AulaD · r/ Elduayen 36, sótano -1
Martes, 21 de maio · 19:30h

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM