O auditorio do concello acolle mañá a presentacion do libro de Andrea Fernández ‘I DIDN´T KNOW ABOUT’

A autora conta con tan só 16 anos
Publicado por o día 14/12/2017 na sección de Cultura,Galicia,Nigrán

O auditorio do concello acolle mañá a presentacion do libro de Andrea Fernández ‘I DIDN´T KNOW ABOUT’

O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle mañá venres ás 18:00 horas a presentación do libro ‘I didn´t know about’, de Andrea Fernández. A presentación é a cargo da librería nigranesa ‘Donde viven los cuentos’ co apoio do Concello. Andrea estudia 4º da ESO e ten 16 anos, sendo a escritura e a lectura a súa principal afección dende moi nena.

‘I didn´t know about’ vai pola súa segunda edición e é en castelá. Meckan leva todo o curso planeando o seu verán perfecto. Unha mala xogada do destino fai que o mellor amigo do seu irmán veña a pasar as vacacións con eles. Saberá por fin por que o que era o seu amigo marchouse sen dicir adeus? Segredos que son difíciles de manter gardados e un amor que ten o tempo contado.