O Auditorio Mar de Vigo acollerá o Festival Musical Familiar Benéfico “O Mago de Oz”

A concelleira Yolanda Aguiar animou este luns a toda a cidadanía a acudir o vindeiro día 1 de febreiro ao Auditorio Mar de Vigo para asistir á sétima edición do Festival Musical Familiar Benéfico no que se representará a obra “O Mago de Oz”. Organizado pola Asociación Aboal terá un carácter solidario en favor dos colectivos Banco de Alimentos e Harambee.
Publicado por o día 28/01/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o Festival Musical Familiar Benéfico “O Mago de Oz”

O Concello de Vigo acolleu este luns a presentación do 7º Festival Musical Familiar Benéfico que o vindeiro sábado, 1 de febreiro (17:00 horas), levará ata o escenario do Auditorio Mar de Vigo a obra “O Mago de Oz”.

A concelleira de Políticas de Benestar Social, Yolanda Aguiar, e a subdirectora de formación da Asociación Aboal, Teresa Berbel, anunciaron en rolda de prensa a actuación que terá un carácter solidario en favor do Banco de Alimentos e Harambee.

“Celebramos 25 anos de existencia da Asociación Aboal en Vigo, que deu uns froitos enormes na cidade, aplaudo o seu compromiso e o seu traballo coas familias para atopar un espazo de ocio en común e desde o Concello de Vigo queremos invitar á cidadanía a participar activamente no musical no que se implicaron máis de 100 persoas”, sinalou a concelleira.

Pola súa banda, Teresa Berbel agradeceu o apoio do Concello de Vigo e destacou o obxectivo solidario do evento, que recollerá fondos para a asociación Harambee, que loita en favor das nenas de Kenia, e para o Banco de Alimentos.

No obra participan como actores máis de 70 persoas entre pais, fillos e incluso avós. Ademais, un equipo de 30 persoas colaboran na dirección del musical, decorados, vestiarios, etc. O evento inaugura a celebración do 25 aniversario de Aboal, asociación que leva traballando en Vigo para e polas familias co obxectivo de facilitar as ferramentas necesarias aos pais para educar aos seus fillos cos valores que lles podan axudar persoal e profesionalmente.

As entradas, cun custe de 8€ y 1 quilo de alimentos que se entrega o día del evento, están a venda en Ataquilla.