O Auditorio Municipal acolleu a adaptación teatral da obra “Chamádeme Simbad”

Producida pola Escola Municipal de Teatro, o obxectivo da función é educar en valores e transmitir a importancia do respecto aos maiores.
Publicado por o día 30/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Auditorio Municipal acolleu a adaptación teatral da obra “Chamádeme Simbad”

O alumnado da Escola Municipal de Teatro de Vigo representaron este luns a obra “Chamádeme Simbad” no Auditorio do Concello de Vigo. Varios centros de educación primaria da cidade acudiron como público a esta función.

O propósito da actividade foi difundir e sensibilizar sobre a realidade da enfermidade do Alzhéimer, co fin de fomentar as relacións interxeracionais e reforzar os vínculos entre nenos e maiores no ámbito familiar.

Igual que sucede na obra, os nenos, coa súa mirada, entenden cousas que os adultos xa non comprendemos, e dan importancia ao esencial. Esta obra, igual que o libro, tenta lembrar a importancia desas relacións especiais entre avós e netos.

O seu obxectivo é educar en valores, no respecto aos maiores, lonxe de egoísmos, lonxe de problemas, deixando constancia de que o agarimo nas familias, rompe barreiras.

O alcalde, Abel Caballero, acudiu a saudar aos participantes da obra, producida pola Escola Municipal de Teatro (EMT) do Concello de Vigo, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (Afaga).

Comentar noticia

Your email address will not be published.