O auditorio municipal de Nigrán acolle este venres a ‘XXI conferencia anual Plácido Castro’ a cargo do investigador Lúis Pastoriza

Publicado por o día 21/01/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O auditorio municipal de Nigrán acolle este venres a ‘XXI conferencia anual Plácido Castro’ a cargo do investigador Lúis Pastoriza

O Concello de Nigrán e a Fundación Plácido Castro ofrecen este venres ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a ‘XXI Conferencia Anual Plácido Castro’ a cargo do profesor e investigador Luis Pastoriza Rozas. A xornada leva por título ‘Rara avis: Plácido Castro e o liberalismo galeguista’, e nela analizará a figura deste humanista liberal e cosmopolita que mellor simboliza a universalidade do nacionalismo galego.

Xosé Luís Pastoriza Rozas, natural de Vigo (1977) , é licenciado en Filosofía e Máster en Desenvolvemento Local pola Universidade de Santiago de Compostela. Msc NGOs and Development pola London School of Economics & Political Science. Traballou no sector das ONGD como técnico na Coordinadora Galega de ONGD e na Fundación Entreculturas. Consultor especializado en política pública de cooperación descentralizada, planificación estratéxica e avaliación, actualmente, está contratado como profesor interino no Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC. No eido do galeguismo, forma parte do padroado da Fundación Isla Couto e ten traballado no estudo biográfico da familia Isla Couto.