O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves unha selección das mellores curtas do FICBUEU 2019 e un coloquio co seu director

Publicado por o día 12/11/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Auditorio Municipal de Nigrán acolle este xoves unha selección das mellores curtas do FICBUEU 2019 e un coloquio co seu director

O Concello de Nigrán colabora co Cineclub Alice Guy Val Miñor para ofrecer este xoves 14 de novembro ás 20:30 no Auditorio Municipal unha escolma das mellores curtas internacionais do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), celebrado nesta localidade do 6 ao 14 de setembro de 2019. Ademais da proxección, asistirá o director do festival, Manuel Pena, co fin de establecer un coloquio co público.

As curtas que se proxectarán son:

– Cadoul de Craciun, Romanía, 23 minutos. Ánfora de Ouro FICBUEU 2019

– Lake of Happiness, Bielorrusia/Alemaña, 30 minutos. Ánfora de Prata FICBUEU 2019.

– Mémorable, Francia, 12 minutos. Premio do Público FICBUEU 2019

– Nursery Rhymes, Australia, 5 minutos.

– Skin, EEUU, 20 minutos.

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Este ano, o FICBUEU celebrou a súa duodécima edición cunha intensa e coidada programación.