O Banco de Alimentos de Vigo e o Centro Comercial Gran Vía de Vigo unen as súas forzas nos Domingos de Gran Vía e Showcooking

A Gran Vía de Vigo presentou a nova edición dos Domingos de Gran Vía na nave do Banco de Alimentos situada en Lavadores
Por o 12/02/2019 | Sección: Galicia,Vigo
O Banco de Alimentos de Vigo e o Centro Comercial Gran Vía de Vigo unen as súas forzas nos Domingos de Gran Vía e Showcooking
O CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA DE VIGO O CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA DE VIGO volve poñer en marcha “Os domingos de Gran Vía” os espectáculos de lecer e entretemento que tanto éxito cultivaron na súa pasada edición. Esta nova edición volverá colaborar co BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO de modo que cada asistente deberá achegar 2 kg de alimentos non perecedoiros á súa entrada ao espectáculo. En 2018, sumaron máis de 1.500 kg de alimentos entre todos os espectáculos.
Desde o Banco de Alimentos de Vigo trasládannos a necesidade de encher con doazóns a nave que a pesar de todos os alimentos obtidos da Gran Recollida Solidaria de Nadal, xa se atopa medio baleira. Por iso, a Gran Vía de Vigo fai un chamamento de solidariedade aos seus clientes para que doen alimentos non perecedoiros e, tamén, perecedoiros pero con suficiente marxe de data de caducidade para que de tempo a realizar a repartición.
A directora de márketing de Gran Vía de Vigo, acudiu onte á nave do Banco de Alimentos en Lavadores para presentar esta nova colaboración xunto con (esquerda a dereita en imaxe) Pedro Pereira, presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Norma Costas do departamento de administración e Iván Martínez, vicepresidente e facer un chamamento para conseguir encher os
andeis para seguir repartindo axuda a máis de 25.000 persoas en Vigo e Pontevedra.
A tempada estréase o domingo 24 de febreiro cun cheo absoluto conseguido en poucos días. Os pequenos poderán gozar de balde do espectáculo de teatro improvisado “Chiquijamming” a cargo
da compañía Jamming.
Como novidade e co obxectivo de sumar máis axudas, este ano tamén se colaborará co Banco de Alimentos de Vigo na segunda edición dos SHOWCOOKINGS GRAN VÍA DE VIGO que se celebrarán unha vez ao mes con diferentes temáticas culinarias. O primeiro deles será o próximo 29 de marzo.

Man a man pola solidariedade

A Gran Vía de Vigo e o Banco de Alimentos non é a primeira vez que unen as súas forzas para lograr recadar alimentos a favor de familias necesitadas. Xa o fixeron na sexta edición do Showcooking, “Brunch con Corazón” onde os asistentes doaron centos de quilos. Así mesmo, a Gran Vía de Vigo súmase anualmente á Gran Recollida Solidaria que pon en marcha a entidade viguesa en Nadal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.