O Banco de Alimentos de Vigo repartiu preto de 1,8 millóns de quilos de comida durante 2018

A ONG pechou o ano traballando cuns 150 colectivos sociais que chegaron, á súa vez, a unha media de 25.000 persoas vulnerables na provincia
Publicado por o día 04/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Banco de Alimentos de Vigo repartiu preto de 1,8 millóns de quilos de comida durante 2018
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu ao redor de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos) durante 2018, a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, chegou a unha media de 25.000 persoas vulnerable na provincia.
 
Segundo o presidente, Pedro Pereira, “a nosa entidade foi capaz de cubrir, novamente, o 35% as necesidades da poboación máis empobrecida”, á vez que lembra que axudar ás persoas que non atravesan o seu mellor momento debe seguir sendo “unha obrigación compartida” non só entre o conxunto das ONG que se dedican a iso. “O Banco de Alimentos non pode suplir nunca o labor das Administracións que, sen dúbida, teñen que continuar apoiando con políticas sociais reais e efectivas aos cidadáns sen recursos suficientes para cubrir as súas necesidades básicas”, sinala Pereira.
 
Entre os alimentos distribuídos ao longo de 2018 destacaron, entre outros, 566.383 litros de leite, 243.101 quilos de pasta e arroz, 136.381 quilos de conservas vexetais, 92.666 galletas ou 90.759 litros de aceite.
 
En Pontevedra e comarca, o Banco de Alimentos entregou ente as entidades homologadas coas que colabora, máis de 255.000 quilos de comida axudando, á súa vez, a unhas 5.000 persoas.
 
Primeira Operación Quilo, a finais de marzo Será durante a última fin de semana deste mes de marzo coa Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo renove as súas tradicionais Operacións Quilos nas distintas superficies comerciais coas que traballa estreitamente.
 
Cando se cumpren catro meses da celebración da Gran Recollida Solidaria (os pasados 30 de novembro e 1 de decembro) na que se recadaron 330.000 quilos de comida, é necesario volver botar man deste tipo de accións solidarias coas que a entidade poida seguir facendo provisión de produtos básicos. Son precisamente alimentos como o leite, o aceite, as galletas, o cacao ou tipo de conservas os máis demandados polas entidades e que, a día de hoxe, comezan a escasear nos andeis dos almacéns tanto de Vigo como de Pontevedra.
 
O Banco de Alimentos, creado en 1995, é unha ONG apolítica e aconfesional que dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta.