O Banco de Alimentos recolle máis de 13.000 quilos de comida na Operación Quilo en varios Gadis de Vigo e Mos

A cifra total de quilos recolleitos será aínda maior, xa que a campaña Maio Solidario impulsada pola cadea galega leva desenvolvendo todo o mes
Publicado por o día 27/05/2019 na sección de Galicia,Mos,Social,Vigo

O Banco de Alimentos recolle máis de 13.000 quilos de comida na Operación Quilo en varios Gadis de Vigo e Mos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu esta fin de semana máis de 13.000 quilos de comida na Operación Quilo desenvolta en varios establecementos Gadis de Vigo e Mos, dentro da campaña Maio Solidario. En concreto, recadáronse 11.700 quilos de produtos en Vigo e outros 1.600 quilos en Mos.
 
Estes máis de 13.000 quilos de alimentos recibidos o venres e o sábado é só unha cifra provisional, xa que, en próximas datas, haberá que sumar todo o recolleito durante este mes de maio nos supermercados, así como a achega comprometida por Gadis.
 
Na recollida de alimentos participaron uns 200 [email protected] en Vigo e Mos, mentres que en Pontevedra e Marín (localidades onde tamén levou a cabo esta Operación Quilo), fixérono unhas 60 persoas. No caso de Pontevedra e Marín, os seus [email protected] recolleron ao redor de 4.600 quilos de comida.
 
O Maio Solidario, impulsado desde fai xa sete anos por parte da cadea galega, enmárcase dentro do programa de Responsabilidade Social Corporativa de Gadis.
 
Desde a entidade agradécese a xenerosidade dos [email protected] que, perfectamente identificados con chalecos do Banco de Alimentos, regalaron catro horas do seu tempo a favor das persoas máis vulnerables e facilitaron a doazón dos produtos de primeira necesidade.
Actividade da ONG, en 2018 Durante o ano pasado, o Banco de Alimentos entregou preto de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das 25.000 persoas ás que axuda.
 
A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.