O Banco de España volve situar a Galicia como a 3ª comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España

A ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,1%, seis puntos por debaixo da media autonómica (24,1%)

O Banco de España volve situar á Comunidade Autónoma de Galicia como a terceira comunidade autónoma de réxime común con menor endebedamento de toda España, tal como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo organismo regulador.

En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,1% ao peche do primeiro trimestre do ano. Este indicador é seis puntos inferior á media autonómica (24,1%) e só é superior ao de dous comunidades autónomas de réxime común, Madrid e Canarias.

A ratio de débeda/PIB de Galicia no primeiro trimestre é inferior en dúas décimas ao rexistrado no mesmo período de 2019 (18,3%), e é superior en seis décimas ao rexistrado no cuarto trimestre do ano pasado (17,5%).

Este incremento respecto á ratio de débeda/PIB do cuarto trimestre é consecuencia da subscrición de créditos a curto prazo para axilizar o pagamento aos provedores e aumentar a súa liquidez por mor da covid-19, tal como estableceu o Plan de tesourería impulsado pola Xunta de Galicia. De feito, os datos oficiais do Ministerio de Facenda sitúan a Galicia como a comunidade autónoma con menor período medio de pago ao peche do primeiro trimestre do exercicio, xa que este indicador en Galicia -14,51 días- é o máis baixo de España.

Volume de débeda

En canto á evolución do volume de débeda, os datos do Banco de España indican que a débeda do conxunto das comunidades autónomas aumentou a 297.866 millóns de euros, dos cales o 3,92% -11.687 millóns- se corresponden coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Os datos oficiais do Banco de España ratifican tamén que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario