O Banco de Santander entrega ao Sergas dous respiradores coa finalidade de loitar contra a pandemia da covid

Irán destinados aos complexos hospitalarios universitarios da Coruña e Santiago
Publicado por o día 21/07/2020 na sección de Sanidad

O Banco de Santander entrega ao Sergas dous respiradores coa finalidade de loitar contra a pandemia da covid

O conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, asinou hoxe pola mañá, no Edificio Administrativo do Sergas, a acta de entrega á Comunidade Autónoma de Galicia, por parte do Banco de Santander, representado no acto polo seu director territorial, Víctor Menéndez, de dous respiradores para que se destinen aos servizos sanitarios e poder contribuír á xestión da situación de crise ocasionada pola covid-19.

Os respiradores, que serán entregados na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde sita en Negreira nun prazo de 20 días seguintes á firma de hoxe, terán como destino os complexos hospitalarios universitarios da Coruña e Santiago de Compostela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.