O bar Stocolmo foi o mellor decorado durante o Nadal, seguido da panadería Lourido e a floristería Terrae

O Concurso de Escaparatismo e Decoración de Nadal convocado pola Concellería de Promoción Económica do Concello duplicou a súa participación na súa segunda edición, acadando este ano un total de 24 establecementos participantes. Tras a visita a todos os locais inscritos, o xurado acordou conceder o primeiro premio do concurso ao bar Stocolmo por obter a maior puntuación ao conxunto decorativo tanto no escaparatismo exterior como no interior do local. Os segundos premios foron para a panadería Lourido e para a floristería Terrae, mentres que os terceiros recaeron nos deseños decorativos realizados por Cocoe Moda e o café-bar Andaina.
Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Galicia,Vilagarcia

O primeiro premio está dotado cunha achega económica de 595 euros, mentres que cada un dos galardoados co segundo premio recibirán 395 euros e 200 os que quedaron en terceiro lugar.

A través deste concurso, a Concellería de Promoción Económica pretende animar ao comercio e establecementos hostaleiros a que decoren os seus locais durante a tempada de Nadal, como forma de atraer clientes e tamén de contribuír á ambientación navideña das rúas. De feito, no concurso valórase tanto a decoración interior do establecemento, como a exterior a través de escaparates ou fachadas. Ademais da temática acorde coa temporada, o xurado valorou os deseños, a orixinalidade, iluminación, innovación e conxunto.

O departamento que dirixe Alba Briones organizará un cato de entrega de premios o próximo 20 de xaneiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.