O barrio de Teis volve ser vítima de verteduras descontroladas da EDAR

Este tipo de vertidos son frecuentes desde hai anos e NoticiasVigo.es publicou en reiteradas ocasíóns os numerosos vertidos incontrolados na ría de Vigo desde Vigo

A Asociación Veciñal de Teis, viu denunciar que na mañá do sábado pasado un novo vertido na EDAR de Teis, como se pode comprobar no vídeo gravado por un veciño desde a súa embarcación.

Este tipo de vertidos son frecuentes desde hai anos e NoticiasVigo.es publicou en reiteradas ocasíóns os numerosos vertidos incontrolados na ría de Vigo desde Vigo. Os vertidos son constantes sempre nos fins de semana.

Estes vertidos foron denunciados por escrito a Concellaría de Fomento e Servizos do Concello, solicitando que se tomaran as medidas necesarias para que non se produzan máis vertidos a ría de augas sen depurar e que se garanta un bo funcionamento desta planta depuradora. Tamén denunciamos estes vertidos a Aqualia e a Augas de Galicia. Como é habitual desde o Concello, non tivemos ningunha resposta e os vertidos seguen producíndose.

“Non é normal que se produzan vertidos a ría de xeito continuado desde unha depuradora, co dano que isto provoca ao medio ambiente. Polo que esiximos do Concello e da empresa concesionaria Aqualia, que se tomen medidas para evitar novos vertidos” manifesta a asociación veciñal.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario