O barrio vigués de Teis celebra este sábado o seu magosto

A partir das 17:30h
Publicado por o día 15/11/2019 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

O barrio vigués de Teis celebra este sábado o seu magosto

A Asociación Veciñal de Teis e a Asociación de Comerciantes do Mercado de Teis, organizamos un magosto este sábado 16 de novembro a partir das 17:30 horas, no espazo peonil diante do mercado de Teis.

O magosto desenvolverase desde ás 17:30 horas até ás 21:00 horas da noite, as castañas ofreceranse de balde a toda a veciñanza, auga e viño a prezos populares. Haberá carpa.

Durante o evento contaremos coas actuacións do grupo de gaitas da asociación. Ademais de pinta caras para os/as nenos/as.

Comentar noticia

Your email address will not be published.