O benxamín feminino do Club baloncesto Seis do Nadal – Coia proclamouse campión da copa primavera da presente tempada 2017/2018

Por o 26/05/2018 | Sección: Baloncesto,Deportes,Galicia,Vigo
O benxamín feminino do Club baloncesto Seis do Nadal – Coia proclamouse campión da copa primavera da presente tempada 2017/2018

O equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado e dirixido por Sandra Solano e Marta Espantoso, proclamouse equipocampión da Copa Primavera de categoría Benxamín Feminina da presente tempada 17/18.

O noso equipo disputou a final da Copa Primavera tras rematar no primeiro posto do Grupo “B” cun balance de dúas vitorias nos dous partidos disputados. Na final a dobre partido ante o Celta Bosco Celeste, primeiros clasificados do outro grupo, o Seis do Nadal – Coia conseguía proclamarse equipo campión desta competición.