O benxamín feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia proclamouse subcampión galego

Publicado por o día 01/06/2015 na sección de Baloncesto,Deportes

O benxamín feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia proclamouse subcampión galego

O equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Sandra Solano e Laura Abraira, proclamouseSubcampión Galego da súa categoría na Fase Final da Liga FGB disputada en A Estrada no Pavillón Manuel Coto Ferreiro.

O noso equipo disputou o sábado día 30 de maio o partido de cuartos de final ante Coreti Culleredo, partido que rematou cun marcado que reflexaba un 74-27 e que clasificaba ao Seis do Nadal Fem. para as semifinais. No partido de semifinais, o domingo día 31 de maio, o equipo vigués enfrontouse ao CB Allariz Fem conseguindo unha nova vitora (64-45) e unha das dúas prazas na Final da Liga FGB Preminibásquet Feminina.

A final da Liga FGB enfrontou ao Seis do Nadal Fem e ao CB Arxil “A” (Pontevedra) nunha final cunha gran igualdade e que tivo que botar man dunha prórroga para romper o 55-55 que amosaba o marcador ao final do sexto período. Na prórroga o CB Arxil “A” tivo máis acerto no seu xogo conseguindo a vitoria final (60-69), proclamándose o equipo do Seis do Nadal subcampión galego despois de desputar un gran partido.

(Xogadoras e adestradoras do Benxamín recollendo o trofeo de subcampioas
(Xogadoras e adestradoras do Benxamín recollendo o trofeo de subcampioas

Tamén presentes na Fase Final da Liga FGB Minibásquet Feminina

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia estivo representado esta fin de semana na Fase Final da Liga FGB de categoría minibásquet feminina co Alevín Feminino “A”, dirixido por Aalí Mohamed e Sandra Solano.

O equipo Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro enfrentouse ao Giraldo CB 03 no partido de cuartos de final, partido cunha gran igualdade ao longo dos seis períodos chegando ao último minuto do encontro cunha diferenza de cinco puntos a favor do equipo de Vilagarcía de Arousa. Ao final do partido mantívose a diferenza (47-52) conseguindo o pase ás semifinais o Giraldo CB 03 e cun Seis do Nadal amosando unha moi boa imaxe e optando pola vitoria en todo momento.

PRENSA AREA DEPORTIVA SEIS DO NADAL