O BNG acada un acordo para que a Xunta cumpra co compromiso para remodelar as pistas de atletismo de Balaídos

A iniciativa do BNG tamén recolle iniciar a tramitación urbanística necesaria para a remodelación das pistas que levan dez anos agardando polas obras de mellora
Publicado por o día 05/09/2018 na sección de Atletismo,BNG,Deportes,Galicia,Política,Vigo

O BNG acada un acordo para que a Xunta cumpra co compromiso para remodelar as pistas de atletismo de Balaídos

 A proposición non de lei defendida  polo deputado do BNG, Luís Bará sobre o cumprimento da Xunta para a remodelación das pistas de atletismo de Balaídos en Vigo, acadou o apoio unánime da comisión de Administración Xeral celebrada hoxe no Parlamento galego.

O acordo establece que o Parlamento “inste ao Goberno galego a dar cumprimento inmediato do compromiso adquirido co concello de Vigo para a remodelación das pistas de atletismo de Balaídos acordando co concello unha nova tramitación urbanística que permita facer realidade o convenio”.

Na defensa da iniciativa, Bará lembrou  que as pistas. de competencia municipal. ademais de ofrecer un servizo á cidade de Vigo tamén son utilizadas por persoas da contorna, circunstancia que xustifica os convenios de colaboración coa Xunta para realizar os arranxos necesarios. Para  o deputado, a remodelación das pistas implica o módulo cuberto para que os profesionais podan adestrar debaixo da grada de Río de Balados, e se hai vontade, recalcou Bará, “esta obra  pódese acometer mañá mesmo, así como o  arranxo das pistas que tampouco teñen ningún problema urbanístico”. Nós, insistiu o deputado do BNG defendemos iniciar as modificacións urbanísticas necesarias para remodelar esta “infraestrutura que leva agardando  10 anos e que a está levando a unha situación de ruína e derribo das instalacións”.

O deputado agradeceu o apoio de todas as forzas  á iniciativa nacionalista  e amosou a súa confianza no cumprimento do acordo acadado hoxe no Parlamento galego.