O BNG adapta o seu programa electoral a lectura fácil

Publicado por o día 07/05/2019 na sección de BNG,Galicia,O Porriño,Política

O BNG adapta o seu programa electoral a lectura fácil

Este luns o BNG do Porriño reuniuse co grupo de autoxestores de ACEESCA para trasladarlle a adaptación a lectura fácil do seu programa electoral para as próximas eleccións municipais.

“Seguimos dando pasos a prol da igualdade de dereitos para todas as veciñas e veciños, e o dereito de acceso á información debe ser universal. É por iso que realizamos esta adaptación a lectura fácil, á que seguirá tamén unha versión en braille. Con estas dúas versións adaptadas do noso programa electoral esperamos facer chegar as nosas iniciativas a toda a veciñanza. Quen mellor que o equipo de autoxestores de ACEESCA para validar o noso primeiro programa en lectura fácil.”

Hoxe o Bng do Porriño reuniuse co grupo de autoxestores de Aceesca, para trasladarlle a adpatación a lectura fácil do programa electoral para as próximas eleccións municipais.

“Quen mellor ca eles para darmos pautas de corrección e melloras á lectura fácil”

Comentar noticia

Your email address will not be published.