O BNG amosa o seu desacordo coa convocatoria de prazas para a Policía Local de Mos

Co procedemento elixido, o goberno de Nidia Arévalo obriga ao Concello a asumir un gasto innecesario para a organización das probas
Publicado por o día 16/01/2019 na sección de BNG,Galicia,Mos,Política

O BNG amosa o seu desacordo coa convocatoria de prazas para a Policía Local de Mos

O pasado 9 de Xaneiro, o Concello de Mos publicou no BOP unha oferta de emprego público para dúas prazas de Policía Local, unha convocatoria que, en opinión do BNG, supón un malgasto innecesario para as arcas municipais.

De acordo co principio de eficiencia e racionalización de recursos, o BNG entende que o Concello debería solicitar un convenio de colaboración coa Xunta para traspasar a realización do proceso selectivo á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), do mesmo modo que o están a facer a maior parte dos concellos de Galiza. Este procedemento, recollido no decreto 222/2017 da Xunta de Galiza, foi deseñado para evitar suspicacias de calquera tipo e non supón obriga económica algunha para o Concello, xa que é a Xunta quen asume todos os gastos derivados da organización do proceso selectivo.

Garantir a transparencia do proceso

Con este procedemento, Nidia Arévalo e o PP de Mos obrigan ao Concello a asumir un gasto innecesario coas probas de acceso á Policía Local, poñendo ademais en dúbida a transparencia da convocatoria. Dende o BNG lembran que na convocatoria de Vigo en 2017 participou no tribunal un policía local de Mos que se viu implicado en sospeitas de falta de limpeza no proceso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.