O BNG apoia a concentración de Alcoa en madrid e pide intervención pública da fábrica para garantir o emprego

Mini Rivas critica a pasividade de Feixóo: “Non se mollou nada, pese a que están en xogo 400 postos de traballos na planta da Coruña nun sector estratéxico”. Esixe unha tarifa específica para empresas electrointensivas
Por o 08/01/2019 | Sección: BNG,Política
O BNG apoia a concentración de Alcoa en madrid e pide intervención pública da fábrica para garantir o emprego
Compartir en:

O BNG apoia a concentración dos e das traballadoras de ALCOA ante a sede do Ministerio de Industria en Madrid na que participa o deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, en representación da formación nacionalista. Neste novo acto de protesta,  o Bloque volve reclamar unha solución urxente para garantir a continuidade da actividade e dos postos de traballo na Coruña solución que, a día de hoxe, pasa pola intervención por parte da SEPI.

“A solución pasa pola intervención temporal de ALCOA por parte da SEPI”, salientou Rivas, quen recriminou a falta de decisión política de Feixóo á hora de defender o futuro dunha fábrica estratéxica na comarca da Coruña.

“Non se mollou nada o señor Feixóo e a Xunta debe tomar cartas no asunto e defender o que ten que defender que son aos traballadores do noso país e a un sector estratéxico para Galiza”, recalcou. Ademais da intervención ante a chantaxe da multinacional por manter o ERE extintivo, o Bloque demanda unha tarifa específica e estable para as empresas electrointensivas, “é posible e hai que facelo dunha vez porque é a única maneira de solucionar este problema”, recalca Rivas.

O BNG lembra que a planta xa foi de titularidade pública como Inespal antes de ser vendida a ALCOA nunha operación prexudicial para o Estado. Agora, a intención da multinacional é pechar a factoría sen permitir a súa venda porque o único que lle interesa e quedarse coa cota de mercado.

De feito, a empresa no inviste na planta da Coruña e agora que ten a cota de mercado quere pechar sen facilitar opción alternativas como unha venda e sen darlle aos traballadores e traballadores máis saídas que irse a rúa. Por iso, o BNG demanda que, ante prácticas mafiosas deste estilo, o Estado utilice os mecanismos cos que conta para resolver a situación e un deses mecanismo é que a SEPI se faga cargo da planta e sexa esta entidade a ferramenta pública que busque comprador.

Comentar noticia

Your email address will not be published.