O BNG apoia a denuncia que presentará na Eurocámara o colectivo “Enfermeiras eventuais en loita” contra a precariedade laboral

Publicado por o día 07/12/2019 na sección de BNG,Política,Sanidad

O BNG apoia a denuncia que presentará na Eurocámara o colectivo “Enfermeiras eventuais en loita” contra a precariedade laboral

O Parlamento Europeo acollerá os vindeiros 11 e 12 de decembro unhas xornadas de traballo sobre a precariedade laboral existente na profesión de enfermería, organizadas pola portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda. “A situación de precariedade laboral que provoca a sucesión de contratos eventuais que fai o SERGAS é un fraude de lei que vai contra a normativa europea e deixa a moitas enfermeiras e enfermeiros galegos na inestabilidade laboral, de forma que se ven obrigadas a emigrar onde paguen un salario decente e teñan condicións de traballo dignas”, explica.

A portavoz do BNG en Europa fai referencia a recente sentencia do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, do 14 de setembro de 2019, que denunciou ao Estado español pola súa excesiva temporalidade na contratación pública. Segundo salienta, “este Tribunal sentenciou que a norma española que permite a utilización de nomeamentos de duración determinada sucesivos para atender a necesidades permanentes no sector da saúde é contraria ao Dereito da Unión Europea, xa que o uso deste tipo de contratos só pode estar xustificado para atender necesidades temporais, algo que non cumpre o Goberno do PP a través do SERGAS”.

No marco das xornadas, o colectivo “Enfermeiras eventuais en loita” manterá un encontro coa vicepresidenta da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a eurodeputada letoa Tatjana Zdanoka, a quen lle presentará a denuncia que trasladarán á Comisión para denunciar a precariedade laboral na profesión de enfermería. Consideran que esta precariedade é consecuencia de prácticas abusivas e da contratación en fraude de lei que se plasma na excesiva temporalidade e no carácter eventual dos contratos de enfermería que promove a Administración pública galega.

Encontros sobre saúde pública

O colectivo reunirase asemade coa Alianza de Saúde Pública Europea e coa Federación Europea de Asociacións de Enfermeiras para darlles a coñecer o problema existente en Galiza. Precisamente a Organización Mundial da Saúde (OMS) sinala que no Estado español hai 5,3 profesionais de enfermería por cada 1.000 habitantes, cifra que dista do
8,8 de la media comunitaria. Estas cifras fan que sexa o cuarto Estado europeo na cola do ratio de enfermeiras por habitante, no posto 24 de 28.

Comentar noticia

Your email address will not be published.