O BNG apoia a modificación do PXOM en Pontellas pero non que esta se faga con contrapartidas

Publicado por o día 06/05/2015 na sección de BNG,Galicia,Pontevedra

O BNG apoia a modificación do PXOM en Pontellas pero non que esta se faga con contrapartidas

– Considera necesario que se inclúa a parte do cemiterio como equipamento dotacional, mais non que se recualificara a parcela lindante.

O BNG rexeita a modificación puntual do PXOM en Pontellas, aprobada este martes polo Concello do Porriño. O grupo municipal nacionalista manifestou que está a favor de que se inclúa como equipamento dotacional a parte do cemiterio que quedara fóra do plan xeral, mais non que se acepten contrapartidas a cambio da modificación.

O goberno do Porriño aprobou a recualificación da parcela lindante para uso residencial, cando estaba recollida no ordenamento como de uso dotacional. Os edís do BNG preguntaron a que intereses responde este cambio, posto que podería terse modificado a parcela que afecta ao cemiterio, como xa estaba previsto, sen necesidade de máis cambios.

Neste sentido, a formación nacionalista recorda que o novo PXOM leva parado no concello desde 2009, malia que hoxe xa conta cos informes previos favorábeis, polo desinterese do PP no Porriño.

PRENSA BNG O PORRIÑO