O BNG, califica o investimento na Alameda de Redondela, de “exhibicinismo político”

Por o 12/10/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
O BNG, califica o investimento na Alameda de Redondela, de “exhibicinismo político”

Consideran como non prioritaria as partidas de ata 200.000€ adicadas polo Concello para estas obras, mentras outras zoas do casco urbán carecen de inversións.

As obras realizadas nos últimos meses na Alameda Daniel Castelao de Redondela, constitúen para a organización nacionalista un exemplo do “despilfarro” co que está a actuar o goberno de Javier Bas. O edil nacionalista, Xoán Carlos González considera que se trata dun claro exemplo de “exhibicionismo político” posto que nin so prioritarias, nin foron demandadas por ninguén.

En concreto refírese ao cambio de bordillos que se realizou dende o verán, substituíndo o antigo entramado de ferro. Non existía ningún informe da necesidade de tal obra á que inicialmente se adicou unha partida de 100.000€, malia que a licitación diexouna en 80.000. “Consideramos que se trata dun gasto caprichoso e innecesario, co que Javier Bas demostra que actúa sen control no gasto dos cartos de todos os redondeláns”.

A seguinte fase das obras, actualmente en licitación, consisten na subministración de xabre en toda a superficie deste singular espazo redondelán. “Adican 100.000€ á resposición do firme, cando durante oito anos renunciaron a un mentemento mínimo que suporía un gasto moito menor”, considera o voceiro nacionalista.

Xoán Carlos González, desvela que renunciou a participar como membro da mesa de contratación, “posto que sería darlle o visto e prace unha mostra do descontrol no gasto co que actúa este goberno municipal”. Recorda o maltrato sufrido pola Alameda, por parte dos responsábeis municipais, “onde as árbores sufriron podas moi agresivas, mesmo tendo que talar algún deles”.

Enfronta o edil do BNG o abandono de zoas do casco urbán de Redondela, por parte do goberno de Javier Bas, con novas políticas de recuperación da vida nos barrios e rúas, das relacións de veciñanza en entornos como Esfarrapada, Picota ou Eidos, “que somentes coa presenza do nacionalismo no goberno municipal se poden garantir”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.