A manifestación realizarase este sábado, día 10, e partirá ás 20h desde a Praza de Independencia.
O Bloque fai parte da plataforma que convoca a protesta.
Este sábado, día 10, a cidade de Vigo acollerá unha manifestación contra os tratados de libre comercio. A marcha, que partirá ás 20h desde a Praza da Independencia, ten por lema “Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais”. Esta protesta insírese dentro dunha campaña internacional de rexeitamento a acordos de libre comercio como o que actualmente están a negociar os EUA e a Unión Europea (TTIP). A mobilización está convocada pola Plataforma Non ao TTIP, integrada por colectivos sociais, forzas políticas e sindicatos, da que o BNG fai parte.
Desde o Bloque Nacionalista Galego fan un chamado ao conxunto da veciñanza de Vigo e da súa área, a participar masivamente nesta manifestación. O Bloque reitera a súa oposición a estes acordos transnacionais ao xulgar que só benefician ás grandes corporacións empresariais e financeiras, afectando moi negativamente ao tecido produtivo propio de cada territorio. Aliás, a fronte nacionalista denuncia que o TTIP é moito máis que un acordo comercial, e que de se aprobar suporá un duro recorte en dereitos sociais e laborais e profundará na privatización dos servizos públicos “liberalizándoos” para que o grande capital faga negocio con eles.
Soberanía
Alertan de que o TTIP, que se está a negociar de maneira secreta e antidemocrática, suporá colocar ao mercado, o lucro empresarial e financeiro, por acima da soberanía dos Estados, que verán limitada a súa capacidade de lexislar para non prexudicar os intereses económicos das grandes transnacionais. Feito que, no caso de Galiza, ao carecer de soberanía nacional, incidirá no agravamento da forzosa dependencia á que nos condena o actual deseño do Estado español e a nosa pertenza á UE e o euro, eivando a nosa capacidade de desenvolvemento.
PRENSA BNG VIGO
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.