O BNG considera como “anuncio eleitoral”, a proposta de Javier Bas sobre o traslado da depuradora

Publicado por o día 19/09/2018 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

O BNG considera como “anuncio eleitoral”, a proposta de Javier Bas sobre o traslado da depuradora

A visita realizada polo “séquito da Xunta e do Parlamento Galego a Redondela” enmárcano dende a organización nacionalista como “campaña de mellora de imaxe do alcalde de Redondela”.

Segundo o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González “a proposta do alcalde de Redondela de traslado da depuradora dende o casco urbán a algunha das parroquias , enmarcámolo nun anuncio eleitoral en plena precampaña, nun momento no que non goza de moitos apoios entre a veciñanza. Os recortes do seu partido no ensino público exemplificado na eliminación dun mestre/a en 6º no colexio de Cedeira, ou a problemática dos contedores de Rande, forzaron a esta visita protocolaria”.

Rexeita frontalmente o edil do BNG, que se estea a xogar cos veciños e veciñas, afectados por esta problemática “únicamente por intereses eleitoralistas”. Afirma que Javier Bas tén na súa man a posibilidade de concretar en que lugar quere construír esta infraestructura. “No borrador do Plan Xeral, principal instrumento de ordeamento urbanístico para a Redondela do vindeiros vinte anos, pode prantexar a súa proposta. Unha nova mostra de que non enfoca con valentía os problemas relevantes para a veciñanza”.

Segundo o voceiro, e candidato do BNG, existen moitísimas problemáticas ás que darlle resposta dende a Xunta de Galiza, que dende a alcaldía deberían terse prantexado. Descoñécense prazos para outra propostas eleitorais de Javier Bas como o Patio Cuberto do Colexio Santa Mariña ou a renovacion do Peirao de Cesantes. Recorda actuacións pendentes como a creación do terceiro xulgado para Redondela; medidas para a redución dos ruidos e insonorización no Viaducto a Pontevedra; os prazos definitivos para o Fogar Residencial de Cesantes; a dotación de pediatra no PAC Redondela; melloras na seguridade viaria na estrada que une Redondela con Amoedo, ao seu paso por Reboreda. “Se non se prantexan solucións a estas demandas, non facía falta que movilizara o séquito da Xunta.