O BNG considera “manifestamente mellorábeis” as subvencións do Concello

Publicado por o día 16/09/2019 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

O BNG considera “manifestamente mellorábeis” as subvencións do Concello

Criterios dispares nas puntuacións, prazos de presentación moi axustados, procesos complexos, introdución de criterios que condicionan aos colectivos, son algúns dos elementos que consideran “deberían correxirse”.

A recente convocatoria de subvencións das concellarías de Participación Cidadá, Ensino e Cultura, foron estudadas dende o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego. “Demandamos que en vindeiras convocatorias se teña en conta a coleitivos implicados e aportacións de grupos políticos. Trátase de subvencións a entidades e particulares, que teñen un enorme impacto en grande parte da veciñanza”, sinala a concelleira do BNG Jessica García.

Na área de Participación Cidadá, refírese a que a liña de actividades subvencionables en ocasións, pretenden substituír a da administración pública. Pón como exemplo, cargar sobre as asociacións veciñais organización de cursos de formación laboral ou búsqueda de emprego. Incide en que as axudas en gasto corrente, non teñen en conta os gastos de xestións que teñen que realizar moitas das directivas, que de xeito voluntario están a prestar un enorme servizo á veciñanza.

Na área de Ensino, nas axudas individuais para comedores escolares, despois de revisar as bases, “consideramos que se trata de complexos procesos que cómpre simplificar, para que as familias accedan a apoio económico dende o concello”, apunta.

Onde maiores eivas se atopou a concelleira nacionalista reside na área de Cultura, ámbitos nos que debe recuperar espazos, como nas festas parroquiais, afirma. “Agardabamos que nas bases se recollera a preseza da música en galego nas subvencións ás festas parroquiais, ambito no que se atopa moi marxinada”, considera. Tampouco nas bases de festivais non profesinais, se potencia o galego. “Só se pode acadar un máximo de quince puntos sobre cen, tendo menos valor que a difusión en medios de comunicación, que pode chegar a vinte”

Nesta mesma área, para o Bloque Nacionalista Galego, recollése na convocatoria de subvencións a entidades culturais, un aspecto que mesmo consideran como “chantaxa”, do equipo de goberno. Introducen propostas ao Persoeir@ do Ano, coa mesma puntuación que cinco anos de actividades da asociación. “Un paso máis do mercadeo no que PP, PSOE, e AER converteron esta eleición. Despois de distorsionar o proceso, agora condicionan ás entidades culturais para forzar a súa implicación”. Ademáis, sinala Jessica García, se non se acada un mínimo de puntuación non se recibirán axudas económicas, ademáis de exixir na maoría delas como requisito indispensábel a tramitación telemática para seren condideradas

Finalmente a concelleira nacionalista, considera que os prazos que se están a dar non son os máis xustos, posto que a mediados de setembro, moitas asociacións, non teñen aínda planificado o curso, polo que pedimos que se prorroguen os prazos.

“Á vista do recollido nestas bases dá a impresión que existe descoñecemento por parte do goberno local do traballo que se está a desenvolver por moitas entidades de Redondela. O Concello debe ser facilitador destas actividades, promocionándoas”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.