O BNG considera que “non se pode falar de humanización da Avenida de Vigo en Chapela”

Publicado por o día 19/07/2018 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

O BNG considera que “non se pode falar de humanización da Avenida de Vigo en Chapela”

As obras da Avenida de Vigo, en Chapela, realizadas durante o último ano lonxe de poder considerarse como de “humanización”, converteron o treito de algo máis dun quilómetro, nun entorno mais inseguro, segundo a organización nacionalista. Consideran que a renovación de pavimentación xunto ao mantemento da límite de velocidade a 50qm/h., facilita que moitos vehículos circulen de xeito temerario, nun dos núcleos máis densamente poboados de todo o concello de Redondela.

Segundo o voceiro nacionalista Xoán Carlos González, “humanizar significa recuperar espazos para a cidadanía, para o peón/peoa, para quen queira camiñar pola beirarúa sen sentir que a súa seguridade periga. Moito menos nun espazo onde se concentran numerosos servizos, como a Praza de Abastos ou o parque infantil da Alameda Rosalía de Castro. Débese primar ao veciñ@ sobre o automóbil”.
Para o edil nacionalistas deberíanse desenvolver iniciativas de calmado de tráfico reducindo o límite de velocidade, e se introduzan elementos para circular con maior precaución, sempre tendo en conta ao veciño e veciña . “Debe impoñerse un modelo de núcleo urbán densamente poboado máis humanizado. Modelo xa desenvolvido exitosamente noutros lugares, gañando en calidade de vida”.

Outra das cuestións que salienta o voceiro nacionalista, consiste no mantemento do tráfico pesado que todavía circula por esta estrada. Afirma que “cunha mínima vontade política poderíase desviar o arredor de douscentos camións de grande tonelaxe que a diario se desprazan por este vial, por terreos da Autoridade Portuaria”.

Dubida o edil nacionalista “da verdadeira vontade do alcalde, Javier Bas, en poñer os intereses da veciñanza por riba dos particulares. Debe ter valentía política para que estes núcleos sexan para a veciñanza, e non para o vehículo particular. Debe reclamar á Xunta e a Autoridade Portuaria estas medidas, realizábeis para que verdadeiramente se fale de humanización na Avenida de Vigo”.

Enmarcan a recente visita da conselleira de infraestructuras, nun acto de campaña eleitoral, e lucimento do alcalde de Redondela. “Agarda que foran conscentes de que algúns elementos das barandas e pasamáns instalados nesta obra, estan mal rematados mantendo aristas cortantes, onde calquera [email protected] podería sufrir algún accidente.

Segundo Xoán Carlos González, “aínda están a tempo de poñer en marcha medidas de calmado de tráfico e verdadeira humanización da Avenida de Vigo. Deben demostrar que traballan a prol dos intereses da cidadanía e non dos intereses partidistas”.