O BNG cualfica de “ABUSO” a decisión de Naturgy de rescindir os contratos con 106 plantas de empresas auxiliares de automobiles

Luís Bará lembra que a maioría das empresas están na comarca de Vigo e prestan servizos ao grupo PSA. A decisión de NATURGY provocará un importante incremento no recibo da luz ao non respectar un contrato ate xullo do 2019 que contemplaba un aforro do 12% sobre o prezo do mercado
Por o 13/09/2018 | Sección: BNG,Galicia,Política,Vigo
O BNG cualfica de “ABUSO” a decisión de Naturgy de rescindir os contratos con 106 plantas de empresas auxiliares de automobiles

O BNG manifesta publicamente o seu rexeitamento   á decisión da empresas Naturgy, antiga Gas Natural-Fenosa, de rescindir de maneira “unilateral” os contratos con 106 plantas de empresas auxiliares do automóbil, a maioría delas situadas na comarca de Vigo, e prestadoras de servizos ao grupo PSA ás que incrementarán  o prezo do recibo da luz ao non manter un contrato  asinado con vixencia até xullo do ano 2019 que supuña un aforro do consumo eléctrico de até “o 12% sobre o prezo do mercado”.

Bará explica que o contrato foi o logro dun beneficio conseguido nunha negociación por parte do clúster de empresas de automoción de Galiza e  dende o BNG , afirma, consideramos que este tipo de medias son beneficiosas polo que a  Xunta de Galiza debe implicarse para defender este sistema de contratos e a competitividade das empresas galegas  que se benefician da redución do prezo da electricidade.

Para o nacionalista, a decisión de NATURGY constata a necesidade de que Galiza conte cunha tarifa eléctrica galega e que a Xunta demande do Goberno central o  seu establecemento nun servizo do que somos, recalcou,  “excendentarios, produtores e exportadores”.

Bará cualifica de “novo abuso” a decisión  da empresa NATURGY e reitera a reclamación para que a Xunta de Galiza se implique na procura dunha solución.  

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.