O BNG de Mos celebra unha asemblea aberta para preparar as próximas citas electorais

Militantes e simpatizantes están convocados a participar na xuntanza que se celebrará este mércores, 27 de febreiro, ás 20:00 horas
Publicado por o día 26/02/2019 na sección de BNG,Galicia,Mos,Política

O BNG de Mos celebra unha asemblea aberta para preparar as próximas citas electorais

O BNG de Mos celebra este mércores, 27 de febreiro, unha asemblea aberta para preparar as próximas citas electorais. A reunión, convocada para as 20:00 horas na sede local do BNG (Avda. de Vigo, 38 – Puxeiros), servirá, entre outras cuestións, para decidir o nome das persoas que acompañarán a Gustavo Barcia nos primeiros postos da candidatura para as eleccións municipais do próximo 26 de maio.

Militantes e simpatizantes están convidados a participar na asemblea e a achegar as propostas que consideren oportunas de cara a elaboración do programa electoral, que está actualmente en fase de redacción. O Consello Local está traballando para presentar un proxecto que ilusione á veciñanza e que sirva para consolidar ao BNG como a alternativa transformadora para o concello de Mos.