O BNG de Mos denuncia a deixadez no control por parte do concello, de auténticos vertedoiros de lixo

Publicado por o día 13/07/2018 na sección de BNG,Galicia,Política,Pontevedra

O BNG de Mos denuncia a deixadez no control por parte do concello, de auténticos vertedoiros de lixo

O único que fai é decir que a culpa non é del

Desde hai tempo estase a sofrir no noso concello a existencia de varios puntos onde tanto empresas coma particulares deixan sen control os residuos que xeneran. Realmente é lamentable o espectáculo de ver moreas de lixo acumuladas.
O incívico do comportamento de algúns, non é excusa para non actuar. E o goberno do PP está deixando de lado o loitar contra este tipo de actuacións irresponsables.

O gobernó debe actuar de xeito urxente para tomar medidas e evitar eses verquidos incontrolados. A vixilancia é primordial para acabar con todo ese noxento espectáculo.

O custe para o concello é moi grande, xa que a recollida ten que facerse por una empresa que logo separe o que se tirou de mala maneira. O pouco civismo dunha minoría o pagamos entre todos e é responsabilidade do gobernó do PP.