O BNG de Mos denuncia a falta de limpeza da maleza no vial do Castro

Por el pasan a diario centos de peregrinos
Por o 12/10/2018 | Sección: BNG,Galicia,Mos,Política
O BNG de Mos denuncia a falta de limpeza da maleza no vial do Castro

Unha vez máis o Bng debe de denunciar a falta de mantenemento e limpeza , e neste caso falamos do vial do Castro. As malas herbas medran sen control na beira do vial, e comezan a invadir a beirarrúa que é transitada por centos de peregrinos cada día.

E non son plantas ornamentais, non, son malas herbas.

A imaxe que levan deste concello aos seus países é a duns viais con falta de limpeza e aspecto de abandono.

Por sorte ao pouco tempo chegan á zona do Pazo de Mos, que borraralles esa imaxe penosa.

Este vial é un dos poucos que hai urbanizados no noso concello, e o goberno debe de ter preparado un programa de limpeza e mantenemento dos mesmos.

Tal como dixemos hai pouco tempo na denuncia da falta de mantenemento do mobiliario de Puxeiros, a voráxine de obras electoralistas non é escusa para deixar de lado o que xa temos.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.