O BNG de Mos denuncia a falta de mantenemento da beirarrúa e mobiliario da zona de Puxeiros

De nada vale inaugurar se logo non se manteñen as cousas
Publicado por o día 08/09/2018 na sección de BNG,Galicia,Mos,Política

O BNG de Mos denuncia a falta de mantenemento da beirarrúa e mobiliario da zona de Puxeiros

Hai pouco tempo asistimos á inauguración da humanización dunha parte do vial de Puxeiros, a antiga N 120. Calquera humanización está ben, aínda que sempre se poida mellorar o proxecto, o Bng non se vai mostrar en contra.

Pero o problema e que por moito que fagas cousas, se logo non as mantés, acaban deteriorándose e non hai que esquecer que é diñeiro público, que co paso do tempo hai que voltar a investir.

Pois esto é o que acontece na zona que leva anos urbanizada en Puxeiros, e é só un exemplo, as baldosas están fóra do sitio, supondo un perigo evidente para os viandantes , e esto sucede en bastantes zonas da beirarrúa. Ademais os bancos están sen mantenemento, necesitan imperiosamente una man de berniz, e eso que se lle advertíu ao goberno nun pleno e nin caso fixeron .

Hai que facer un seguimento as beirarrúas e mobiliario para que deixen de deteriorarse, por suposto está ben inaugurar, pero non se poden esquecer das cousas que xa están feitas.

Esperemos que a febre electoralista que invade ao goberno deixe un oco á cordura, finalizan dende o Bng de Mos.