O Consello Local do BNG de Mos convida á súa militancia e simpatizantes do concello a participar na Asemblea que se celebrará mañá mércores, 24 de outubro, na sede local do Bloque (Avda. de Vigo, 38 – Puxeiros), na que se decidirá o nome da persoa que encabezará a candidatura para as eleccións municipais de 2019. O prazo para a inscrición de candidaturas prolongarase ata o propio inicio da asemblea, programada para as 20:00 horas.
Durante a última lexislatura, o BNG traballou arreo, dende a oposición, para defender os intereses das veciñas e os veciños de Mos fronte a mala xestión do goberno do PP. As eleccións do próximo 26 de maio supoñen unha oportunidade para fortalecer o proxecto político do nacionalismo no concello como alternativa transformadora e motor dun proxecto de país ao servizo do pobo.
Noticias de última hora en Vigo