O BNG de Mos fará una charla en Pereiras para explicar a súa postura na modifición do plan xeral para o Celta

Xoves 13 ás 20:30 no local do centro cultural
Por o 12/09/2018 | Sección: BNG,Galicia,Mos,Política
O BNG de Mos fará una charla en Pereiras para explicar a súa postura na modifición do plan xeral para o Celta

O proceso de modificación do plan xeral para albergar a cidade deportiva e o centro comercial do Celta segue o seu camino, e o Bng de Mos xa fixo público o seu posicionamento en contra da mesma.

Pero dada a importancia do proceso e a demagoxia que se está a facer, o Bng vai dar una charla en Pereiras, para explicar a todos aqueles que queiran asistir, as razón polas que a asamblea do Bng tomou esa decisión contraria á modificación do plan xeral en vigor.

Xoves 13 ás 20:30 no local do centro cultural.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.