O BNG de Mos presenta este sábado a súa candidatura para as eleccións municipais

O acto público terá lugar no auditorio do Pazo de Mos ás 20:00h e contará coa participación da deputada Montse Prado
Publicado por o día 04/04/2019 na sección de BNG,Galicia,Mos,Política

O BNG de Mos presenta este sábado a súa candidatura para as eleccións municipais

O BNG de Mos presentará oficialmente a súa candidatura para as eleccións municipais o próximo sábado, 6 de abril, nun acto aberto a toda a veciñanza. O auditorio do Pazo de Mos acollerá, a partir das 20:00 horas, as intervencións de Miguel Aldea, actual portavoz do grupo municipal do BNG e número dous da lista para as próximas eleccións; Montse Prado, Deputada no Parlamento Galego e Gustavo Barcia, candidato á alcaldía de Mos.

O BNG xa adiantou o nome das persoas que ocuparán os cinco primeiros da lista para o próximo 26 de maio: Gustavo Barcia, Miguel Aldea, Mari Carme Vila, Cristina Represas e David Otero. O acto do sábado servirá para dar a coñecer ao resto dos integrantes dunha candidatura que, en palabras do aspirante á alcaldía, “vai representar ao conxunto da veciñanza”. Barcia agarda, ademais, que a presentación sirva “para compartir con toda a xente de Mos a nosa ilusión e a confianza en que o cambio no Concello vai ser unha realidade”.