En pleno debate sobre o aparcamento que está facendo o Concello de Vigo a carón do Álvaro Cunqueiro, o BNG de Mos esixe á Xunta de Galiza que faga ela un aparcamento nas parcelas que para uso dotacional ten perto do hospital.
É moi sinxelo esixir aos demais mentras evade a súa responsabilidade. Sen esquecer o enorme despropósito que supón que o aparcamento do propio hospital estea en mans privadas, e eso si é responsabilidade directa da Xunta.
Que Vigo vaia cobrar no seu aparcamento parécenos absolutamente insolidario cos demais habitantes da comarca, pero non deixa de ser comprensible ante a deixadez da Xunta en solucionar o problema de aparcamento que hai no hospital.
Buscamos con esta moción que a corporación apoie a creación deste aparcamento o que pode mitigar en gran maneira un dos graves problemas que ten a nosa cidadanía cando vai ao hospital.
Noticias de última hora en Vigo