O BNG de Mos propón cambiar os festivos locais

Os festivos relacionados coa relixión deben deixar de ser festa
Por o 07/08/2018 | Sección: BNG,Galicia,Mos,Política

Un ano máis, ás voltas cos festivos locais. No pleno de xullo decídense os días que o concello considera que teñen que ser non laborables para o ano que ven, e desta vez o goberno do PP considera que teñen que seguir sendo o Día Da Rosa ( 13 de xuño) e San Mamede ( 7 de agosto).

 

Pois ben, un ano máis o Bng de Mos, e ningún outro partido, propón un cambio nestes festivos, e ten que ver con algo tan lóxico coma que as festas relixiosas teñen que deixar de ser a referencia para establecer os festivos.

 

A estas alturas non podemos seguir guiándonos por celebracións relixiosas para establecer días festivos. Por eso o Bng de Mos propuso ao pleno celebrar o Día da Rosa e o martes de entroido, proposta que foi rexeitada por todos os partidos.

 

Desde o Bng de Mos seguiremos traballando para una separación efectiva entre relixión e estado, para que entre outras cousas tamén desaparezan as misas e actos relixiosos do programa oficial das festas do concello.

 

Mos a 07 de agosto do 2018

Miguel Anxo Aldea Moscoso

Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Mos

Tlf: 628 141 093

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.