O BNG de Mos realizou unha charla en Pereiras para explicar a súa postura na modificación do plan xeral para o Celta

Este xoves tivo lugar o coloquio no que o BNG expuxo a súa postura en contra do macroproxecto do R.C. Celta S.A.D
Publicado por o día 31/10/2018 na sección de BNG,Galicia,Mos,Política

O BNG de Mos realizou unha charla en Pereiras para explicar a súa postura na modificación do plan xeral para o Celta

Este xoves pasado día 13 o BNG de Mos mantivo unha charla cos veciños e veciñas de Pereiras onde se lles explicou a postura en contra do BNG do proxecto do macrocentro comercial e cidade deportiva que pretende levar a cabo a empresa R.C. Celta S.A.D., ademais dixo explicouse en que consiste este proxecto así como a modificación do plan xeral para facelo e todo o impacto negativo que traería para os veciños e veciñas de Mos.

Tanto o Celta como o goberno do PP en Mos non están a dicir a verdade. As obras que se iniciaron a finais de agosto na parroquia de Pereiras non son os da cidade deportiva se non que son dous campos de fútbol con vestiarios, algo que se pode facer en terreo rústico protexido con licencia directa do concello. Para poder facer a cidade deportiva e o centro comercial é necesario modificar o plan xeral para cambiar a cualificación do terreo de rústico a uso terciario, algo que inda non se fixo.

A modificación do plan xeral está feita ad hoc para a empresa R.C. Celta S.A.D. e iso inclúe todo tanto cidade deportiva como centro comercial non é algo que se poida separar como pretender vender algúns é un proxecto unificado ou se está en contra de todo ou a favor de todo, nisto as medias tintas non serven.

O BNG de Mos rexeita este proxecto totalmente xa que non é compatible cun concello ordenado e ecoloxicamente sostible, ademais os centros comerciais destrúen mais emprego do que crean prexudicando gravemente o pequeno e mediano comercio, e dende logo o concello co PP o fronte non ten que pórse a disposición dunha empresa para que se lucre a conta nosa se non que ten que defender os intereses dos mosenses.

Dende o BNG de Mos pelexamos por un concello digno para vivir, onde as empresas son benvidas sempre que sexa dunha forma ordenada, respectuosa co medio ambiente e cos veciños e veciñas.