O BNG de Redondela esixe a Javier Bas que presione para a construción dun novo Peirao en Cesantes.

Por o 07/01/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
O BNG de Redondela esixe a Javier Bas que presione para a construción dun novo Peirao en Cesantes.

Dende a organización nacionalista amosan “ a súa decepción polo rexeitamento do Partido popular, a habilitar unha partida económica para a construción dun novo Peirao sobre pilotes en Cesantes”. Refírense á emenda prantexada polo BNG aos orzamentos da Xunta para o ano 2019 e que non contou co apoio dos parlamentarios populares, algún deles de Redondela.

Segundo expuxo o Responsábel Local, Anxo Lusquiños “tratase dunha demanda que ano tras ano, prantexamos aos orzamentos da Xunta, co fin de garantir o futuro do sector e mellorar a calidade medioambiental de toda a contorna.

Recordan como xa no 2011 e coincidindo coa presentación da candidatura de Javier Bas a alcaldía de Redondela, o Partido Popular presentaba un macroproxecto cun orzamento de mais de 6 millóns de euros, para a recuperación medioambiental e revitalización económica da contorna do peirao.

No proxecto recollíanse diversas actuacións, nas que se incluía esta obra coma unha das mais urxentes, cun custe estimado de 1,5 millóns de euros.“ Unha promesa, unicamente eleitoralista, do candidato Javier Bas” lamentan.

Logo de comprobar que nos orzamentos da Xunta para este ano 2019, a única partida que aparece a estes efectos é unha cantidade de 200.00 euros, en concepto de: Estudos previos ao proxecto, a mesma que aparecía xa no 2018 e non se fixo nada, consideran dende a organización nacionalista que o Partido Popular está a xogar o de sempre, enganar con partidas en abstracto para deixar pasar o tempo

Acusan a Javier Bas de pregarse os intereses do seu partido e de non actuar con responsabilidade, unha actitude que está a poñer en perigo a supervivencia da actividade pesqueira e marisqueira no noso concello.”Emprazamos a que Javier Bas faga valer de verdade o peso do alcalde do cuarto concello de Pontevedra”, diante do seu partido. Apunta Lusquiños.

Na súa nota, o Responsábel Local afirma “ o sector de baixura e do marisqueo, constitúe unha das principais bases económicas de Redondela. Igualmente a recuperación medioambiental da praia é un reto polo que imos seguir traballando para asegurar a viabilidade de ambos sectores, totalmente compatibles.

Comentar noticia

Your email address will not be published.