En vésperas do 25 de novembro, o Bloque Nacionalista Galego demanda en Vigo un maior esforzo de todas as administracións contra a violencia machista, subliñando que a pandemia non só non a fixo desaparecer senón que mesmo a agravou.
A responsábel de Acción Feminista do BNG de Vigo, Sefi Romero, sinalou que “a violencia machista segue a ser a expresión máis brutal do réxime de desigualdade que as mulleres padecemos polo feito de selo”. A este respeito apuntou que “aínda que os datos oficiais indican un descenso no número de denuncias e tamén das ordes de protección, non podemos caer no erro de pensar que a situación mellorou”.
Por iso desde o Bloque Nacionalista Galego defenderán que a violencia de xénero pase a un segundo plano. “Non podemos aprazar a loita contra o machismo porque iso signifi-cará máis dor, angustia, medo e mesmo vidas truncadas. A violencia segue aí e non po-demos baixar a garda para combatela”, argumentan. Moi ao contrario, esixen que se re-dobren esforzos e medios desde as diferentes administracións públicas para combater-mos con decisión todas as violencias machistas.
“É hora de feitos, non só de palabras. É hora de políticas feministas, non só de discursos e declaracións. Por iso o BNG demandamos que a Xunta de Galiza destine como mínimo o 1% dos orzamentos á loita contra a violencia machista, e dispor dos medios necesarios para que a lei galega de prevención e tratamento integral da violencia de xénero deixe de ser papel mollado”, afirmou Romero.
A fronte nacionalista urxe tamén despregar medidas efectivas fronte a violencia contra as mulleres no ámbito laboral, e a mellora dos puntos de encontro para rachar coa inxusta equidistancia co agresor e as súas vítimas, protexendo tamén as crianzas. Para o Bloque a pandemia non pode supor unha traba para o acceso de mulleres a casas de acollida, polo que Xunta e Sergas teñen que adoptar medidas para evitalo.
Aliás, a nivel estatal instan a modificar a lei para superar o enfoque patriarcal e reducio-nista que a limita ao ámbito familiar e da parella.
Maior compromiso municipal
Romero tamén demanda un maior esforzo e compromiso real nesta materia no ámbito municipal, por ser o mais próximo ás persoas e ao territorio, para “facer da loita contra a violencia machista unha verdadeira prioridade política”. “De nada serven grandes men-saxes institucionais ou actos simbólicos, se despois un concello como Vigo destina máis diñeiro a atencións protocolarias que a campañas de sensibilización contra o machismo e as súas violencias. Non se trata de vestir de lilá o Concello, senón de facer que o lilá impregne todas as políticas municipais”, remachou.
A fronte nacionalista incluíu no debate orzamentario do Concello de Vigo, decorrido a semana pasada, varias emendas destinadas a incrementar as partidas municipais en políticas de igualdade, con propostas como un novo centro de información ás mulleres en Coia, a posta en marcha dun Plan Municipal de Apoio aos Coidados, un programa de apoio municipal ás mulleres vítimas de violencia machista, aumentar un 1053% a partida dedicada a campañas de sensibilización contra a violencia machista (pasando de 13 mil a 150 mil euros), ou duplicar os fondos do Plan Municipal de Igualdade de Oportunida-des.
Todas estas iniciativas foron rexeitadas pola maioría absoluta do PSOE .”Moito enche a boca o Goberno municipal falando de feminismo, pero á hora da verdade as priori-dades sempre son outras”, reprochan.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.