O BNG de Vigo urxe que se reparen as deficiencias na Casa do Patín

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, demanda ao Goberno municipal que atenda as denuncias de usuarias que alertan da existencia de pingueiras e filtración de augas fecais.
Por o 10/08/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Vigo
O BNG de Vigo urxe que se reparen as deficiencias na Casa do Patín
Compartir en:

Poucos meses despois após a súa apertura, a Casa do Patín, en Bouzas, presenta algunhas deficiencias que impiden o seu uso pola veciñanza.

Segundo denunciaron persoas usuarias, cando chove son frecuentes as pingueiras e tamén se detectaron filtracións de augas fecais do exterior. Diante desta situación o BNG urxe o Goberno a acometer coa maior celeridade as actuacións necesarias para resolver o problema.

O espazo máis afectado sería a sala de lectura o que provoca un evidente prexuízo ao estudantado que fai uso das instalacións.

“O Concello ten que actuar coa máxima axilidade. A veciñanza de Bouzas non pode ver como unha dotación demandada durante moitos anos non está operativa, con pingueiras e filtración de augas fecais”, reclamou Igrexas.

Una respuesta para "O BNG de Vigo urxe que se reparen as deficiencias na Casa do Patín"

  1. Gamela   12/08/2019 at 18:30

    Destrozan a Casa do Patín cunha “rehabilitación” que querían colgados e se gastan 820.000 € ! https://flic.kr/p/SjANf4

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.