O BNG demanda a humanización da praza de Ponteareas

Por o 17/04/2019 | Sección: BNG,Galicia,Ponteareas
O BNG demanda a humanización da praza de Ponteareas

“Cunha actuación branda gañaríase un espazo que se debe converter en porta de entrada  dunha Redondela concebida para uso e disfrute das persoas” afirma o candidato á alcaldía, Xoán Carlos González.
A cesión por parte da Xunta de Galiza da Praza de Pontareas, ata hai pouco pertencente ao ministerio de Fomento, constitúe para os e as nacionalistas unha oportunidade de “gañar espazos para as persoas, humanizando os entornos urbanos”. Este antigo cruce da N550 en Vilavella, debe ser recuperado para a veciñanza, afirma. “No noso ideario de
núcleos urbanos máis habitábeis, adquire prioridade que entornos degradados, sexan ocupados pola veciñanza” considera o voceiro do BNG, Xoán Carlos González.
Asegura que restrinxindo o tráfico de vehículos procedente de O Porriño, que pode acceder pola rotonda de Vilavella, mantendo os viais para residentes, “ multiplicaríase por catro os espazos verdes para uso da veciñanza; nunha actuación de baixo custe económico mais de grande rendabilidade social”. Considera que durante estes días de vacacións aumenta o movemento de persoas a pé, polo que sería unha boa oportunidade para mellorar a seguridade viaria.

“Non fai falla agardar a megaproxectos, para humanizar espazos degradados”, afirma o edil nacionalista. Considera que o valor etnográfico e cultural desta praza recuperaríase, para converterse nunha porta de entrada a Redondela, moito máis atractiva e “amable”. O vial de entrada do Camiño Portugués, con milleiros de visitantes anualmente, onde o Convento de Vilavella ocupa un lugar preeminente. Ademáis de poñer en valor o conxunto etnográfico conformado polo cruceiro, peto de ánimas e fonte da Praza que ocuparían un lugar destacado.
Estas iniciativas, únicamente dependen da vontade política, de crer que os espazos urbanos son para as persoas, para mellorar a calidade de vida da veciñanza, e ninguén mellor que o Bloque Nacionalista Galego, para poñer en práctica esta humanización da Praza de Pontareas, remata na súa nota Xoán Carlos González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.