O BNG demanda un Plan de rescate para sanear e rexenerar as rías galegas

Luís Bará demandou un plan integral para mellorar a calidade das augas e o compromiso do goberno galego para que Galiza deixe de ser “un vertedoiro de residuos contaminantes”
Publicado por o día 10/12/2020 na sección de BNG,Política

O BNG  demanda un Plan de rescate para  sanear  e rexenerar as rías galegas

O deputado do BNG, Luís Bará interpelou ao goberno sobre o estado das rías galegas e pediu “un plan de rescate” para mellorar a calidade das augas, a biodiversidade e productividade. Miles de familias  viven do mar, da acuicultura, da pesca e o marisqueo e resulta  urxente acometer  “un plan integral” para rexenerar as nosas rías.

Na súa intervención, Bará criticou o “espolio, maltrato e agresións” á natureza  do “modelo económico depredador” do  Partido popular, e defendeu un   “desenvolvemento autocentrado” que pon  os recursos e riqueza galega ao servizo das maiorías sociais. Vostedes, dixo, venden esa riqueza “ao mellor postor”, a axentes da industria extractivista forestal, mineira e enerxética porque son “cortopracistas” e buscan un beneficio inmediato.

Garantir as función dos ecosistemas, ecoloxicas, produtivas e de lecer  

O parlamentario do BNG explicou que as as rías son ecosistemas únicos, reservas ecolóxicas, paraisos da biodiversidade e deben estar protexidas. Neste sentido lembrou que  Partido popular tivo a oportunidade de incluír unha figura de protección na Lei de Patrimonio natural e biodiversidade pero “non quixo  falcelo”.

As rías son factorías produtivas e únicas no mundo, con identidade propia, formas de organización e aproveitamento xenuinas con  saberes tradicionais, patrimonio material e inmaterial : pesca de baixura, artes de pesca tradicional,  acuicultura non industrial, marisqueo a pé e a flote. Son lugares  lugares privilexiados para a actividade  deportiva, recreativa, turística e sobre todo unha   “fonte de benestar e  riqueza” de aí, insisitiu Bará,  na necesidade de protexelas “cunha visión integral e  actuación global”. Na súa opinión, esta protección non pode ser “fragmentaria nin por parroquias” debe ser unha xestión conxunta do Estado, a Xunta, Medio Ambiente, Mar, infraestruturas e organismos de investigación, control e seguimento.

O PP levou a Galiza á irrelevancia política

Bará criticou que o goberno galego non comparta esta visión global e mesmo deixara de  reclamar ao Estado as transferencias en materia de: Ordenación do sector pesqueiro, Investigación oceanográfica, Portos de interese xeral, Titulación sprofesionais náutico pesqueiras,Ordenación do litoral e xestión do dominio público marítimo terrestre (Costas), Concas hidrográficas e Meteoroloxía.

Por outra banda, mostrouse moi crítico cos 1.100 M€ investidos durante 11 anos para o saneamento e depuración. Si realmente fixeron este investimento, “foi pouco eficiente”. Vostedes, dixo, non son bos xestores, “son unha xestoria ao servizo dos que contaminan” como “ENCE,GAS NATURAL ou GREENALIA” empresas do IBEX e “portas xiratorias”.

O deputado tamén  preguntou á conselleira de Infraestruturas, cando  se verán os resultados sobre as  28 depuradoras municipais compartidas coa Xunta.  O BNG, lembrou o nacionalista xa pediu esta información na lexislatura pasada e volvemos a reclamar esta información porque “as rías galegas  soportaron  case 1.600 vertidos no ano 2019”, entre as que destacou  a de Arousa, a máis produtiva de Galiza, Muros-Noia, Vigo, Ferrol, Betanzos e Pontevedra.

Todos estes datos son altamente preocupantes pero o goberno galego decidiu non encargar ningún estudo e foi o Grupo ECOTEX da Universidade de Vigo, xunto as confrarías e o consello regulador do mexillón os que se preocuparon por facer un informe sobre a Ría de Arousa no ano 2016, informes que tiveron continuidade  en  Foz do Miñor, Ares-Betanzos, Vigo, e o resto de rías.

O mar, afirmou o  deputado, “ten que deixar de ser un vertedoiro de residuos” e recuperar a súa riqueza e emprego porque un país de 1.500 Qm de costa,  18 rías, centros de investigación de prestixio,  campus do mar, titulacións universitarias de referencia, e o  centro  INTECMAR, debería ter un “proxecto integral de monitorización, análise, control e seguimento da calidade das augas”.

“Que mellor proxecto tractor, e non  os das empresas do IBEX do señor Feixóo e  do Sr.Conde”, concluíu.

Comentar noticia

Your email address will not be published.