O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar o que cualifican de nova “pinza” entre PP e PSOE para evitar que o vindeiro Pleno puidese aprobar a Declaración Institucional promovida pola formación nacionalista en rexeitamento do proxecto de creación dunha universidade privada en Galiza. Así o demostra que ambos os dous grupos municipais compartisen posición na Xunta de Voceiros en contra dun texto que pretendía fixar “unha posición de cidade en favor da universidade pública” e que si sumou o apoio da Marea de Vigo, segundo explicou o concelleiro do Bloque, Xabier P. Igrexas.
“Vemos como PP e PSOE volven coincidir para defender os intereses de grandes grupos privados. Xa pasou cando se opuxeron a demandar o rescate público de Povisa e agora volven vetar que o Pleno defenda o carácter público do ensino universitario”, criticou Igrexas. Aliás, ironizou propoñendo que o grupo municipal socialista pase a chamarse “grupo municipal de Abanca” xa que, segundo Igrexas, “está claro que intereses defende” en alusión a que é esa entidade financeira quen promove a creación da universidade privada cun dos seus campus na cidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.