O BNG denuncia a suba abusiva da cota da Seguridade Social ao sector do marisqueo a pé

Por o 12/03/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
O BNG denuncia a suba abusiva da cota da Seguridade Social ao sector do marisqueo a pé

Nunha xuntanza celebrada na súa sede o BNG expúxolle o sector as súas propostas para defender unha actividade cunha grande importancia económica e un forte arraigo en Redondela, que en palabras do Responsable Local, Anxo Lusquiños “esta en perigo de desaparecer por culpa das políticas do Partido Popular” pois é a Xunta de Galiza quén ten as competencias nesta materia e lembra que no ano 2009 cando Nuñez Feijoo chega a presidencia da Xunta, en Redondela o marisqueo a pé empregaba a 190 persoas e hoxe dez anos despois son 125.

Tratouse tamén a suba abusiva, inxusta e totalmente inasumible dos recibos da seguridade social os profesionais do mar por parte do ISM. Salientar que un dos sectores mais prexudicados é o marisqueo a pé, cuxa cota mensual pasa de 194 a 240 euros, é dicir: 46 euros de diferenza, un 23,7% de incremento.

Indicar ademais que esta suba non leva aparellada mellora social algunha, xa que débese o incremento dos tipo de cotizacións por continxencias comúns e profesionais, e non a suba da base de cotización o que si serviría para melloras a prestacións futuras. En canto a pretendida mellora que supón a prestación por paro da actividade por mor da marea vermella, en Redondela non vai ter ningunha repercusión, xa que a toxina é algo que apenas apenas ten incidencia dentro do anexo III, zona de autorización de traballo para Redondela.

Dende o BNG, denuncian esta suba, que sen dúbida supón un golpe mortal para este sector que no noso concello está xa nunha situación limite “temos que ter en conta que moitos meses do ano as ganancias mensuais apenas chegan a metade do salario mínimo” indican dende a formación nacionalista e culpabilizan por igual os grupos políticos con representación en Madrid, que en ningún momento informaron ou negociaron esta medida, pola contra permitiron este duro golpe o sector. Tamén cargan contra o goberno local polo seu silencio cómplice.

Non imos a permitir que unha vez mais dende Madrid coa complicidade de Xunta de Galiza e co silencio goberno local, se dite a sentencia de morte para un dos noso sectores produtivos e imos levar adiante canto estea nas nosas mans para reverter esta situación. Primeiro dende o parlamento galego, a partir do 28 de abril dende o parlamento do estado e logo do 26 de maio dende o goberno de Redondela, coa creación dunha concellería do mar que poña fin a situación de abandono e de desmantelamento na que se atopa o marisqueo a pé, remata a súa nota o Responsable Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.