O BNG denuncia o incumprimento por parte de Caballero do arranxo do valado do IES San Tomé e Santa Irene

No comezo do curso actual (2017-1018), o BNG de Vigo fíxose eco do malestar de varios veciños e veciñas do Barrio de Travesas polo abandono por parte das Administracións do valado dos institutos IES San Tomé e IES Santa Irene.
Publicado por o día 14/03/2018 na sección de BNG,Política,Vigo

O BNG denuncia o incumprimento por parte de Caballero do arranxo do valado do IES San Tomé e Santa Irene

No comezo do curso actual (2017-1018), o BNG de Vigo fíxose eco do malestar de varios veciños e veciñas do Barrio de Travesas polo abandono por parte das Administracións do valado dos institutos IES San Tomé e IES Santa Irene.

A primeiros de setembro o BNG a través do seu grupo de Barrio de Travesas, visitou a zona indicada e comprobou que o estado de dito valado é deplorábel. Xunto cos veciños e veciñas da zona denunciouse publícamete tal situación e fíxose unha concentración na entrada dun IES Santa Irene.

A resposta do Alcalde de Vigo foi inmediata e o 30 de setembro de 2017 anunciou na prensa que a reparación ía ser inminente. Despois deste anuncio fixéronse mais por parte do Concello, inclusive no Consello Escolar Municipal.

Pois ben, estamos a rematar o segundo trimestre escolar e o valado segue peor que estaba, xa que a día de hoxe non se iniciou ningún traballo nel. Calquera pode comprobar o estado da referida valla, o perigo de cortes ou caída dos barrotes metálicos é real, nunha zona tan transitada e con nenos xogando ao seu carón.

Denunciamos tamén a situación do valado do Parque de Castrelos. Un parque infantil e de recreo usado e visitado permanentemente por veciños e turistas. Dito valado ao igual que os anteriores tamén está nunha situación deplorábel.

O BNG pídelle ao Alcalde de Vigo que deixe de gabarse de que lle sobraron 12.2 millóns de euros, e tome as medidas necesarias de forma urxente para reparar dito valado.