O BNG reclamou o cese do titular de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ao que define como “conselleiro escapista” que fai ouvidos xordos ás demandas dos e das profesionais e das persoas usuarias e nega a realidade dun sistema público de saúde deteriorado por unha década de recortes e privatizacións do PP.
A proba desa desconexión e da prepotencia do máximo responsable da sanidade é o enésimo rexeitamento dos e das profesionais a un plan co que Almuíña pretendía aplacar o descontento. “Xa non se creen propostas baleiras, senón que queren persoal, orzamento, tempo para atender aos doentes”, salientou a portavoz de Sanidade, Montse Prado, autora dunha moción que cualificou de “realista se realmente o PP quere rectificar e tomar medidas como as que demandan os e as profesionais”.
Xunto co cese do conselleiro, “porque non pode estar a fronte da sanidade pública unha persoa que ignora ás demandas sociais”, a moción nacionalista incluía as 6.067 prazas vacantes no SERGAS, para dar a estabilidade laboral “que permita acabar coa precariedade e poñer fin aos contratos por días e até por horas”, indicou Prado. Igualmente, cubrir as baixas na súa totalidade, aumentar as prazas de especialistas e para a formación MIR.
A iniciativa do Bloque, rexeitada polo PP, tamén incluía acabar coas listas de espera contratando ao persoal necesario e sen recorrer á derivación á privada. A deputada puxo como exemplo o dunha muller cunha doenza grave que ven de recibir cita en xinecoloxía no CHUS para xuño de 2020. “E despois teñen a desfachatez de presumir de listas de espera cando esta é a realidade do noso país”, recriminou Prado.
En relación á dotación económica, a moción nacionalista recollía un plan urxente con 200 millóns de euros para mellorar a atención primaria, “o que permitiría aportar recursos dun xeito inmediato como reclama o persoal sanitario” recalcou, tamén recuperar as xerencias con capacidade de decisión e con orzamentos. Finalmente, en atención primaria, a máis damnificada polos recortes do PP, o BNG solicita a convocatoria de 420 de mé[email protected] de familia. Todas as propostas foron rexeitadas cos votos populares.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.